Clausura do II Curso de negociación colectiva e individual no ámbito laboral

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

4 de decembro de 2019 ás 17:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Área de Dereito do Traballo e Consello Galego de Relacións Laborais

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Conferencias

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Cunha conferencia da ex-presidenta do Tribunal Constitucional María Emilia Casas

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Verónica Martínez, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, e Jaime Cabeza, catedrático do Dereito do Traballo e da Seguridade Social e codirector do curso

O salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o acto de clausura do II Curso de negociación colectiva e individual no ámbito laboral, que, baixo a dirección do catedrático Jaime Cabeza e a profesora Emma Rodríguez, a Universidade de Vigo promove xunto co Consello Galego de Relacións Laborais.

Neste acto, a catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad Complutense de Madrid, presidenta da Asociación Española do Dereito do Traballo e da Seguridade Social e ex-presidenta do Tribunal Constitucional, Maria Emilia Casas, impartirá a lección maxistral de clausura. Tralo seu relatorio, o acto completarase coas intervencións dos secretarios xerais de UGT-Galicia, CIG e CCOO de Galicia, e a posterior entrega de diplomas aos e ás asistentes a un curso que reuniu como alumnado a diferentes representantes das organizacións sindicais e empresariais. 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-12-04 17:00:00 2019-12-04 17:00:00 Clausura do II Curso de negociación colectiva e individual no ámbito laboral Cunha conferencia da ex-presidenta do Tribunal Constitucional María Emilia Casas Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Área de Dereito do Traballo Consello Galego de Relacións Laborais Europe/Madrid public