Coloquio 'A loita contra a covid-19: Zendal &UVigo'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

1 de outubro de 2020 ás 16:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Semipresencial

Retransmitido en directo por UVigo TV

Asisten: Andrés Fernández, director xeral de Zendal e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo 

O salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle o coloquio A loita contra a covid-19: Zendal&UVigo coa participación do director xeral da empresa, Andrés Fernández, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Na conversa Reigosa e Fernández abordarán cuestións de actualidade como a produción por parte de Zendal dunha das vacinas contra a covid-19; o sistema de test PCR mediante saliva que se utilizará na UVigo ou a interacción entre empresa e universidade, tanto no relativo á investigación, como á formación. A consultora Zaida Rodríguez será a encargada de moderar a charla.

Este diálogo inaugura o ciclo Coloquios en tempos de pandemia, organizado polo decanato da centro, e ademais de celebrarse no salón de actos do centro, cunha capacidade reducida a 120 persoas, será retransmitido en directo por UVigo TV.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-10-01 16:30:00 2020-10-01 16:30:00 Coloquio 'A loita contra a covid-19: Zendal &UVigo' Retransmitido en directo por UVigo TV Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Universidade de Vigo Europe/Madrid public