'Coñecendo a Hannah Arendt'
Data de celebración:
22 de abril ás 12:30Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e ExposiciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Ágora de Dirección e Xestión Pública
No marco da programación conmemorativa do 25 aniversario da implantación dos estudos de dirección, xestión e administración pública na UVigo, a Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle un acto centrado na figura de Hannah Arendt. Neste encontro, o alumnado presentará unha serie de paneis, nos que se recollen os resultados do traballo que realizaron sobre a traxectoria desta pensadora política, á que a facultade dedica neste 2025 a II Semana de Dirección e Xestión Pública.
Aberto ao público, Coñecendo a Hannah Arendt poderá seguirse tanto de xeito presencial, no primeiro andar do edificio que comparten as facultades de Dirección e Xestión Pública e Comunicación, como de forma virtual, no salón de actos da facultade no Campus Remoto, empregando o contrasinal 6uTYsN3K no acceso para estudantes.
Máis información
Nova sobre a programación no Duvi