Conferencia de Ángel Carracedo 'Trastornos do neurodesenvolvemento e xenética'
Data de celebración:
4 de outubro de 2024 ás 16:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Educación e Traballo SocialLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
A Facultade de Educación e Traballo Social organiza a conferencia Trastornos do neurodesenvolvemento e xenética. Será ofrecida por Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. A iniciativa conta co apoio da Vicerreitoría do Campus e dos másteres desta facultade en intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos e en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos. Acto aberto ás persoas interesadas.