Conferencia 'Primaveras árabes e a revolta do Rif en Marrocos'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

20 de decembro de 2018 ás 20:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Igadi e Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Lugar

Casa das Campás

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

A cargo do xornalista David Alvarado

A Casa das Campás acolle unha conferencia do politólogo, xornalista e consultor David Alvarado, titulada Primaveras árabes e a revolta do Rif en Marrocos e promovida polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), coa colaboración da Vicerreitoría do campus.

Instalado en Rabat dende 2003, Alvarado combina desde a súa área de investigación o traballo académico co xornalístico, sendo correspondente para o norte de África de diversos medios de comunicación coma o xornal La Voz de Galicia, Radio Euskadi, Televisión de Galicia, ou CNN+. A súa vez é autor de numerosos artigos académicos e análises sobre variadas cuestións políticas relacionadas co Magreb e o norte de África. David Alvarado é tamén profesor asociado na Universidade Internacional de Rabat (UIR) e investigador asociado do Centro d'Etudes et Recherches en Sciences Sociales (CERSS) de Rabat e do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. O seu último libro é Rif: De Abdelkrim a los indignados de Alhucemas de Edicións La Catarata, editado no 2017.

Anótao en:

Add to Calendar 2018-12-20 20:00:00 2018-12-20 20:00:00 Conferencia 'Primaveras árabes e a revolta do Rif en Marrocos' A cargo do xornalista David Alvarado Casa das Campás Igadi Vicerreitoría do campus de Pontevedra Europe/Madrid public