Congreso Internacional 'Sen fronteiras. Relixións e redes transnacionais no mundo contemporáneo'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

29 de setembro de 2021 ás 9:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Grupo de investigación de Historia Contemporánea

Lugar

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Celébrase en Vigo, Tui e Santiago de Compostela ata o 1 de outubro

O grupo de investigación de Historia Contemporánea organiza o Congreso internacional 'Sen fronteiras. Relixións e redes transnacionais no mundo contemporáneo' que se celebra entre o 28 de setembro e o 1 de outubro en Vigo, Tui e Santiago de Compostela en modalidade presencial. Asistencia libre e gratuita ata completar o aforo de cada sede.

A primeira xornada, coa inauguración e a conferencia de apertura, será en horario de tarde na sede de AFundación en Vigo. As sesións do mércores 29 terán lugar no campus vigués, no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo dende as 09.30 horas ata as 18.00 h, cando arranca o cuarto panel temático da xornada. O xoves o congreso trasládase a Tui e o venres a Santiago de Compostela.

Programa completo do congreso

Para máis información contactar cos organizadores no correo electrónico: jrlago@uvigo.es

Máis información

http://euclio2.webs.uvigo.es/es/evento/congreso-internacional-sen-fronteiras/

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-09-29 09:30:00 2021-09-29 09:30:00 Congreso Internacional 'Sen fronteiras. Relixións e redes transnacionais no mundo contemporáneo' Celébrase en Vigo, Tui e Santiago de Compostela ata o 1 de outubro Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Grupo de investigación de Historia Contemporánea Europe/Madrid public