'Contos de inverno'
Data de celebración:
30 de novembro de 2022 ás 20:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Concellería de Promoción Económica e UniversidadesLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Actuacións e TeatroEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCoa participación da narradora Cris de Caldas
A Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades promoven Contos de inverno, un ciclo de contacontos dirixido a un público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Dona Emilia e a señora Carme: dúas mulleres de conto, da narradora Cris de Caldas.