Conversa sobre a xestión socioeconómica do cambio climático co catedrático Xavier Labandeira

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

27 de xuño de 2019 ás 20:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Café-bar Carabela

Praza da Estrela 1
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Organizada pola Unidade de Cultura Científica

O ciclo Conversas sobre o Cambio Climático da Universidade trasládase por primeira vez a Pontevedra, onde o catedrático de Economía da Universidade e investigador do grupo Rede Xavier Lavandeira protagonizará un coloquio sobre a xestión socioeconómica do cambio climático, no que estará acompañado pola xornalista de PontevedraViva Natalia Puga.

A actividade, que terá lugar na terraza do café-bar Carabela, forma parte dun ciclo de coloquios que ten como obxectivo analizar con carácter divulgativo as causas, efectos e implicacións do cambio climático. Promovido pola Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais  en colaboración coa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e coa Vicerreitoría de Investigación, este ciclo enmárcase así mesmo no plan anual Unha Cuestión de Ciencia da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-06-27 20:00:00 2019-06-27 20:00:00 Conversa sobre a xestión socioeconómica do cambio climático co catedrático Xavier Labandeira Organizada pola Unidade de Cultura Científica Café-bar Carabela Universidade de Vigo Europe/Madrid public