Conversas #Emprender
Data de celebración:
19 de febreiro ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Programa MetaLugar
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de libre acceso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolle unha nova charla do seu ciclo Conversas #Emprender. Nesta ocasión, as persoas convidadas son Laura Gómez, investigadora especializada en control de xestión da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla; e Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, emprendedores e cofundadores do Restaurante Nova. O moderador será o profesor e investigador da UVigo Ernesto López-Valeiras. Estas conversas forman parte das actividades de Meta, programa de mentoría de Ciencias Empresariais e Turismo, e nelas colaboran, ademais da propia facultade, Startup Galicia e AFFE. O seu obxectivo é “promover a divulgación científica, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e pór en valor a importancia da investigación en economía e empresa".