Curso de Actualización Xurídica 2024/2025
Data de celebración:
21 de febreiro ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de DereitoLugar
Cam. Seara B, 3I
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNo salón de graos do edificio Xurídico-Empresarial
A Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza unha nova edición do seu Curso de Actualización Xurídica, que cada ano aborda temas de carácter transversal e/ou de actualidade en diferentes áreas do dereito co obxectivo de mellorar a formación do seu persoal docente e investigador e alumnado. Nesta ocasión, o curso concentrará nunha soa mañá a celebración de tres conferencias doutras tantas áreas de coñecemento. As conferencias versarán sobre a responsabilidade das empresas por incumprimento das obrigacións de dilixencia debida; as cuestións conflitivas na residencia fiscal das persoas físicas e Os dez anos de crise política: un cambio de época no dereito penal?. Serán ofrecidas por Carmen Alonso Ledesma, catedrática de Dereito Mercantil da Universidad Complutense de Madrid e presidenta da Sección Segunda (Dereito Mercantil) da Comisión General de Codificación; por Luz Mª Ruibal, catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela e por José Ángel Brandariz, catedrático de Dereito penal da Universidade da Coruña.