Debate 'Europa nas urnas: análise e reflexións sobre as eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2024'
Data de celebración:
12 de xuño de 2024 ás 11:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Cátedra Jean Monnet 'Institucións Europeas e Cidadáns' e Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa aula 9 da Facultade de Dirección e Xestión Pública
No marco das actividades da Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (Eicaeud), a Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle unha mesa de análise sobre os resultados das eleccións europeas. Baixo o título de Europa nas urnas: análise e reflexións sobre as eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2024, contará coa participación dos investigadores da Área de Ciencia Política da UVigo Celso Cancela, director desta Cátedra Jean Monnet, Fernando Martínez e Bruno González.
A actividade poderá seguirse tanto de xeito presencial, na aula 9 do edificio que comparten as facultades de Dirección e Xestión Publica e Comunicación, como de xeito virtual, a través de Campus Remoto, empregando o contrasinal 6uTYsN3K no acceso para estudantado.