Debut 2020

  • Estudantes
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Talleres

Data de celebración:

23 de novembro de 2020 ás 10:00 27 de novembro de 2020 ás 14:00

Dirixido a

Estudantes

Organiza

Esdemga

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Talleres

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Engloba diferentes actividades formativas

A crise sanitaria xerada pola covid-19 fai imposible neste 2020 a habitual celebración de Debut, o desfile no que cada ano os novos egresados e egresadas de Esdemga presentan as coleccións que constitúen os seus traballos de fin de estudos. 

Entre o luns 23 e o venres 29, Esdemga desenvolve unha serie de seminarios formativos para o alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que se insiren na programación de Debut 2020, marcada neste ano pola imposibilidade de levar a cabo o habitual desfile de presentación das coleccións de fin de estudos do alumnado. 

A actividade iníciase este luns coas primeiras sesións dos talleres sobre moulage e ilustración de moda e verase complementada pola apertura, o xoves, no Museo de Pontevedra, da exposición Debut 2020. Edición limitada, que reúne unha serie de coleccións realizadas o pasado curso por alumnado do mestrado. 

Programa de actividades

Anótao en:

Add to Calendar 2020-11-23 10:00:00 2020-11-23 10:00:00 Debut 2020 Engloba diferentes actividades formativas Facultade de Belas Artes Esdemga Europe/Madrid public