Debut 2023. Workshops

  • Estudantes
  • Pontevedra
  • Obradoiros
  • Talleres

Data de celebración:

20 de novembro ás 10:00 21 de novembro ás 10:00 22 de novembro ás 10:00 23 de novembro ás 10:00

Dirixido a

Estudantes

Organiza

Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en Moda

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Obradoiros e Talleres

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Facultade de Belas Artes

Dentro das actividades que integran o programa de Debut 2023, o desfile no que o alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presenta as coleccións que constitúen os seus traballos de fin de mestrado, entre o luns 20 e o xoves 23 desenvólvense unha serie de workshops para o alumnado, promovidos coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia.

Entre este luns 20 e o mércores 22 desenvólvese o taller Deseño de saddle bag en pel, a cargo de Ezequiel Rey Franchi, de Raíces Nómadas Atelier. O workshop ten lugar no Laboratorio Téxtil I da Facultade de Belas Artes, o luns e o martes de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e o mércores de 10.00 a 14.00 horas.

Entre o martes 21 e o xoves 23 ten lugar o taller Texturas téxtiles aplicadas á cerámica, impartido por Paula Ojea, de Ojea Estudio. Esta actividade desenvólvese en horario de 10.00 a 14.00 horas no Laboratorio Cubo de Belas Artes.

Programa de Debut 2023

Anótao en:

Add to Calendar 2023-11-20 10:00:00 2023-11-20 10:00:00 Debut 2023. Workshops Na Facultade de Belas Artes Facultade de Belas Artes Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en Moda Europe/Madrid public