Divulgando Ciencia Singular - CIM

  • Público externo
  • Vigo
  • Xornadas

Data de celebración:

23 de outubro de 2021 ás 9:00

Dirixido a

Público externo

Organiza

CIM

Lugar

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

Illa de Toralla
36331 Coruxo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Cunha viaxe pola ría e visita á Ecimat

Dentro da programación do programa Divulgando Ciencia Singular, o Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo, organiza a actividade Embárcate co CIM, este sábado 23 de outubro. Durante 3 horas as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:

• Traxecto en barco-aula dende o peirao de A Laxe ata a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, do CIM. Durante o percorrido poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo, descubrir o funcionamento dun robot subacuático e outras experiencias de investigación mariña.
• Chegada a Toralla e visita guiada pola Ecimat da man de persoal investigador do CIM.
• Regreso en barco-aula ao peirao de A Laxe.

As persoas interesadas poden elixir entre as seguintes quendas:

Primeira quenda: 09.00h – 12.00h

Segunda quenda: 12.15h – 15.15h

Terceira quenda: 16.00h – 19.00h

Máis información e inscrición

Anótao en:

Add to Calendar 2021-10-23 09:00:00 2021-10-23 09:00:00 Divulgando Ciencia Singular - CIM Cunha viaxe pola ría e visita á Ecimat Estación de Ciencias Mariñas de Toralla CIM Europe/Madrid public