'Docs del Mes'. Proxección de 'Ouaga Girls'
Data de celebración:
25 de febreiro de 2019 ás 20:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Calle de Paio Gómez Chariño, 6
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Teatro Principal
Dentro do ciclo Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello, o Teatro Principal acolle a proxección de Ouaga Girls, un documental dirixido por Theresa Traoré Dahlberg, premiado nos festivais Beldocs, de Belgrado, Filministes, de Canadá, e no Carthage Film Festival de Túnez. Presentado como unha poética descrición do que significa hoxe ser unha muller nova en Burkina Faso, Ouaga Girls narra a historia dun grupo de rapazas novas que se forman para converterse en mecánicas de coches na capital deste país, que conta cunha taxa de paro xuvenil do 52%.