Encontros Universidade-Empresa
Data de celebración:
21 de xuño de 2019De 9:30 a 13:00
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría de TransferenciaLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e TalleresEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialCentrado no sector da automoción
A Vicerreitoría de Transferencia organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa co obxectivo de estreitar vínculos coa contorna empresarial. O terceiro destes encontros desenvólvese na sala 1 do edificio Miralles e está centrado no sector da automoción, contando coa participación de diferentes empresas de Ceaga, o Clúster de Empresas da Automoción de Galicia. Durante a xornada aproveitarase tamén a ocasión para presentar a Business Factory Auto, unha iniciativa que nace co obxectivo de axudar a acelerar e consolidar proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras.
A clausura do encontro está prevista para as 13.15 horas e nela participará o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, e a vicerreitora de Transferencia, Mª Consuelo Pérez.
Máis información