Encontros Universidade-Empresa

  • Medios
  • PDI
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios

Data de celebración:

25 de outubro de 2019
De 10:15 a 13:00

Dirixido a

Medios e PDI

Organiza

Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Vicerreitoría de Transferencia

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Centrado nas diferentes áreas do Campus Crea

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra, e a vicerreitora de Transferencia, María Consuelo Pérez

A Vicerreitoría de Transferencia, xunto coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, promove unha nova edición dos Encontros Universidade-Empresa, dirixidos a promover o contacto entre os investigadores e investigadoras e a contorna empresarial, así como a estudar vías de colaboración entre ambos colectivos. Baixo o título de Innovar desde a sustentabilidade no Campus Crea, no encontro que se celebrará na Casa das Campás acollerá unha serie de mesas temáticas nas que participarán 31 investigadores e investigadoras do campus e representantes de 17 empresas, institucións e organismos relacionados cos ámbitos de saúde e deporte, arte, moda e comunicación, medio ambiente e educación.

O encontro abrirase coas intervencións do vicerreitor do campus e da vicerreitora de transferencia, tralas que se desenvolverán, a partires das 10.30 horas, dúas sesións de mesas de traballo.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-10-25 10:15:00 2019-10-25 13:00:00 Encontros Universidade-Empresa Centrado nas diferentes áreas do Campus Crea Vicerreitoría do campus de Pontevedra Vicerreitoría do campus de Pontevedra Vicerreitoría de Transferencia Europe/Madrid public

Documentación

Programa894.46 KB