Entrega dos II Premios CREA, os Premios 'Múltiples olladas ao redor das letras galegas' e os galardóns do certame de fotografía en Instagram
Data de celebración:
26 de maio de 2022 ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra en funcións; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Carlos Souto, director do Campus Crea e Green Campus, e Eulalia Agrelo, directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus
A Vicerreitoría do campus acolle o acto de entrega de premios de tres certames impulsados nos últimos meses; os Premios CREA-Creatividade e Innovación, os premios Múltiples olladas ao redor das letras galegas e os galardóns do certame de fotografía en Instagram impulsado no marco da Semana da Creatividade e a Innovación.