Exposición 'Kitchen Pieces'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

4 de decembro de 2024 ás 20:00 20 de febreiro ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Belas Artes e Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Artes plásticas e Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Kitchen Pieces, na que a artista alemá Karin Sander presenta unha instalación conformada por un conxunto de froitas e verduras, na que a substitución da representación pola presentación conéctase coa poética do obxecto atopado e co uso de materiais naturais e perecedoiros na arte.

Formada na Academia de Belas Artes de Stuttgart e no Whitney Museum of American Art de Nova Iork, Karin Sander (Alemaña, 1957) protagonizou numerosas exposicións individuais ao longo das última tres décadas, en espazos como o MoMa de Nova York, a Galería Estatal de Stuttgart, o centro de arte Haus am Waldsee de Berlín ou a Bienal de Arquitectura de Venecia.

Kitchen Pieces poderá visitarse na sala de exposicións do campus ata o 20 de febreiro, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
 

Anótao en:

Add to Calendar 2024-12-04 20:00:00 2024-12-04 20:00:00 Exposición 'Kitchen Pieces' Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes Facultade de Belas Artes Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do campus de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

Folla de sala614.39 KB