Exposición 'Manuel Moldes. Vieiros na memoria'

  • Medios
  • Vigo
  • Exposición

Data de celebración:

11 de marzo de 2022
De 9:00 a 20:00 22 de maio de 2022
De 9:00 a 20:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Casa Galega da Cultura

A exposición Manuel Moldes. Vieiros na memoria que permanecerá aberta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura do 11 de marzo ao 24 de abril. Esta mostra ten a súa orixe na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde se realizou con motivo do cambio de nome da súa sala expositiva, antiga Sala X, a sala universitaria Profesor Manuel Moldes. A exposición sopórtase en dúas cuestións principais. Por unha banda, revélase o interese de Manuel Moldes polo debuxo, polo grafismo, non só como disciplina autónoma, senón tamén aplicado á pintura. Esta base sostén a deriva cara á segunda cuestión: o xesto primixenio que ten na liña e nas súas contorsións o xerme da súa práctica e que en Vieiros na memoria se pon de relevo a través dunha selección de obras vinculadas desde a maraña e o impetuoso.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-03-11 09:00:00 2022-03-11 20:00:00 Exposición 'Manuel Moldes. Vieiros na memoria' Na Casa Galega da Cultura Casa Galega da Cultura Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Cartaz393.62 KB