Exposición 'A memoria do son'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

15 de decembro de 2022 ás 12:00 27 de xaneiro de 2023 ás 14:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo e Deputación de Lugo

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Exposición e Música

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición A memoria do son, que reúne fondos instrumentais e do arquivo do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo. Xunto a outros materiais, esta mostra itinerante reúne unha serie de reproducións de instrumentos medievais, construídos a partir das súas representacións históricas no Pórtico da Gloria ou no Pazo de Xelmírez. Os fondos documentais complétanse así mesmo con melodías accesibles a través de códigos QR, que permiten coñecer o son dos instrumentos expostos, xunto con propostas interactivas, como un salterio no que as persoas visitantes poderán tocar melodías das cantigas de Alfonso X e Martín Códax.

A exposición poderá visitarse no espazo expositivo do campus ata o 27 de xaneiro, de luns a xoves en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2022-12-15 12:00:00 2022-12-15 12:00:00 Exposición 'A memoria do son' Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes Facultade de Belas Artes Universidade de Vigo Deputación de Lugo Europe/Madrid public