Exposición 'Pinturas negras'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

21 de febreiro ás 19:00 6 de abril ás 11:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Museo de Pontevedra e Facultade de Belas Artes

Lugar

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Artes plásticas e Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Edificio Castelao do Museo

O Museo de Pontevedra acolle a inauguración da exposición Pinturas Negras, que se insire no convenio de colaboración entre esta institución e a Facultade de Belas Artes para levar a cabo proxectos expositivos con artistas vinculados a este centro. 

Co profesor Ignacio Pérez-Jofre e a investigadora Sandra MG como comisarios e remitindo á serie de Goya, a exposición propón un percorrido polos diferentes usos e significados da escuridade e o negro, a través das obras dunha serie de artistas formados na facultade e de profesorado do centro. Pinturas negras reúne as creacións de Acacia Ojea, Alejandra Pardo, Araceli Liste, Erik Balbuena, Fernando Casás, Fruela Alonso, Juan Loeck, Juan Rivas, Julia Huete, Lúa Gándara, Miguel Teixeira, Mónica Cabo e Sol Mussa e poderá visitarse ata o 6 de abril. 

Anótao en:

Add to Calendar 2025-02-21 19:00:00 2025-02-21 19:00:00 Exposición 'Pinturas negras' No Edificio Castelao do Museo Edificio Castelao do Museo de Pontevedra Museo de Pontevedra Facultade de Belas Artes Europe/Madrid public