Exposición 'Última Tule: O legado bibliográfico de José Antonio Fernández Romero'

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

22 de abril ás 9:00 31 de maio ás 9:00

Dirixido a

Estudantes , PAS e PDI

Organiza

Facultade de Filoloxía e Tradución

Lugar

Facultade de Filoloxía e Tradución

rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Exposición

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Na biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución

José Antonio Fernández Romero foi un dos grandes referentes nacionais en estudos nórdicos e un moi querido e lembrado docente de lingua española na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Trala súa morte en 2011, o profesor legou boa parte da súa colección bibliográfica á Universidade de Vigo. Para poñer en valor tanto a súa figura como este legado, o que foi o seu centro acolle a exposición Última Tule, coa que se rende homenaxe a este pioneiro dos estudos escandinavos en España e Premio Nacional de Tradución en 1996. 

A mostra pode visitarse na biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución e os volumes están á disposición das e dos usuarios.
 

Anótao en:

Add to Calendar 2025-04-22 09:00:00 2025-04-22 09:00:00 Exposición 'Última Tule: O legado bibliográfico de José Antonio Fernández Romero' Na biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución Facultade de Filoloxía e Tradución Facultade de Filoloxía e Tradución Europe/Madrid public