Exposición 'Verse outra vez ao revés tamén funciona'
Data de celebración:
25 de marzo ás 18:00 4 de abril ás 8:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Belas Artes e Colectivo LupercaisLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Artes plásticas e ExposiciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala O Abrigo
A Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Verse outra vez ao revés tamén funciona, que presenta unha selección das pezas xeradas no marco do curso de extensión universitaria do mesmo nome, desenvolvido nesta facultade e impartido pola artista e docente Iria Vázquez, xunto coa docente e cineasta Xisela Franco.
Comisariada por Vázquez, a mostra aborda tamén os procesos e dinámicas xerados no marco deste curso, formulado como un espazo de experimentación sobre o carácter performático da creación. Con obras de Patricia Álvarez, Uxía Bustbem, Celeste Garrido, Mónica Lago, Pablo Martínez, Carmela Omil, Paula Romay, Miriam Rodríguez e Jimena Rodríguez, esta exposición poderá visitarse ata o 4 de abril, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.