Fase local da Olimpíada de Física (campus de Ourense)
Data de celebración:
7 de marzo ás 16:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Alumnado e CompeticiónEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNa aula B1 do edificio Politécnico
Alumnado preuniversitario participa este venres na fase local da Olimpíada de Física, un concurso para estudantes de 1º e 2º de Bacharelato ou de centros de Formación Profesional de grao medio ou superior, no que cada universidade selecciona a dous estudantes do seu distrito universitario que participarán na Olimpíada Nacional, que se celebrará en Valencia do 11 ao 14 de abril. Na fase nacional seleccionaranse os cinco estudantes que acudirán á fase internacional e aos catro que irán á Olimpíada Iberoamericana.
No campus de Ourense as probas desenvólvense na aula B1 do edificio Politécnico.