Feira EmpregoInCampus (Ourense)
Data de celebración:
22 de marzoDe 10:00 a 19:00
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Polideportivo Universitario. Campus As Lagoas, 4.º piso
32004 Ourense
España
Tipo de evento
FeiraEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo pavillón de deportes do campus
O campus de Ourense celebra a Feira EmpregoInCampus, unha actividade que lle brinda á comunidade universitaria a ocasión de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen medio centenar de entidades de moi diversos sectores públicos e privados e contactar directamente cas e cos seus responsables de selección. A cita, que tamén se celebrou no campus de Vigo o 16 de marzo, está organizada pola Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo e a Vicerreitoría do campus de Ourense co apoio das escolas e facultades destes campus e da Deputación de Ourense. As persoas interesadas, ademais de visitar os postos das entidades presentes, poderán participar nun amplo programa de actividades paralelas que inclúen mesas redondas e conferencias sobre as consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína no sector hoteleiro e agroalimentario; a empregabilidade no ámbito social e socioeducativo; as fortalezas e oportunidades da escola rural e os campos laborais da enxeñaría agrícola.
Ás 17.00 horas terá lugar a visita institucional a esta feira de emprego, na que participarán Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Mª Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, e Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense.
Máis información