Feira EmpregoInCampus en Ourense
Data de celebración:
18 de abril de 2024 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Polideportivo Universitario. Campus As Lagoas, 4.º piso
32004 Ourense
España
Tipo de evento
FeiraEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo pavillón de deportes do campus
O pavillón de deportes do campus de Ourense acolle a celebración de EmpregoInCampus, unha feira da Universidade de Vigo que lle brinda ás alumnas e alumnos das diferentes titulacións a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen entidades de moi diversos sectores e contactar directamente cos seus responsables de selección. Participarán con stands e/ou mesas de entrevistas arredor de 70 empresas e institucións. Ás 17.00 h terá lugar a visita institucional á feira, coa participación, entre outras autoridades, de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.