Feira eXXperimenta en Feminino

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

16 de febreiro ás 10:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Exxperimenta en Feminino

Lugar

Edificio Politécnico do campus de Ourense

Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Feira

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio Politécnico do campus

O campus de Ourense acolle unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo. Pola mañá participarán máis de 300 estudantes de oito centros educativos e xa pola tarde, a partir das 15.00 h, estará aberta ao público en xeral que se queira achegar. Ás 17.00 h terá lugar, no salón de actos Marie Curie do mesmo edificio, o acto de entrega dos galardóns do VIII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-02-16 10:00:00 2024-02-16 10:00:00 Feira eXXperimenta en Feminino No edificio Politécnico do campus Edificio Politécnico do campus de Ourense Exxperimenta en Feminino Europe/Madrid public

Documentación

Folleto da feira2.28 MB