Foro Aero. Conferencia 'Retos futuros da industria de UAS'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

5 de febreiro ás 17:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Lugar

Edificio Politécnico do campus de Ourense

Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos do edificio Politécnico

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense arranca a programación do seu ciclo de conferencia divulgativas Foro Aero cunha sesión o mércores 5 de febreiro, ás 17.30, no salón de graos do Edificio Politécnico. Leva por título Retos futuros da industria de UAS e será ofrecida por Rafael Márquez Jiménez, director de desenvolvemento de negocio de Aertec. Trátase dunha empresa que acaba de aterrar en Galicia, de enxeñaría e consultaría internacional especializada en aeronáutica, nada en 1997 e que hoxe desenvolve a súa actividade en aeroportos, na industria aeroespacial e en defensa. É provedor preferente de Airbus en servizos de enxeñería de fabricación e xestión de programas para os seus avións civís e militares. Na súa traxectoria destaca tamén a súa participación en grandes programas aeronáuticos mundiais.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2025-02-05 17:30:00 2025-02-05 17:30:00 Foro Aero. Conferencia 'Retos futuros da industria de UAS' No salón de graos do edificio Politécnico Edificio Politécnico do campus de Ourense Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo Europe/Madrid public

Documentación

Foro Aero196.42 KB