Foro Galego Universidade-Terceiro Sector

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

21 de febreiro ás 9:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Facultade de Educación e Traballo Social

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde.

Modalidade

Presencial

Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro

Inauguran: Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Arturo Parrado, director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, e Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense organiza o  Foro Galego Universidade-Terceiro Sector. A iniciativa pretende ser un punto de encontro entre a comunidade académica e as organizacións da economía social que traballan nos procesos de inclusión dos colectivos vulnerables en Galicia. O obxectivo é tratar de establecer sinerxías de colaboración que contribúan á mellora da eficiencia dos procesos de acompañamento das persoas en dificultade social. No foro debaterase sobre estratexias de investigación, proxectos de aprendizaxe servizo no terceiro sector, mellora da formación universitaria das figuras profesionais da educación e do traballo social, así como outras posibles vías de colaboración compartidas entre a universidade e as organizacións implicadas nos procesos de inclusión social en Galicia.

Máis información

Web do evento

Anótao en:

Add to Calendar 2025-02-21 09:30:00 2025-02-21 09:30:00 Foro Galego Universidade-Terceiro Sector Na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro Edificio de Ferro Facultade de Educación e Traballo Social Europe/Madrid public