Fórum IEV 2019: Conferencia de Elena Ojea

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

14 de marzo ás 19:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Instituto de Estudos Vigueses , Universidade de Vigo e Concello de Vigo

Lugar

Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

García Barbón nº 5
36201 Vigo
España

Tipo de evento

Conferencias

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

'Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?'

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.

Este mes a conferencia corre a cargo de Elena Ojea, investigadora principal do grupo de investigación Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que ofrecerá o relatorio Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?  Na súa intervención, a experta explicará como o cambio climático está a ter efectos nos océanos que afectan a actividades como a pesca artesanal e industrial, ao tempo que fará un repaso ao coñecemento actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios para a pesca. Neste escenario, revisará tamén que di a ciencia sobre como a sociedade se pode adaptar.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-14 19:30:00 2019-03-14 19:30:00 Fórum IEV 2019: Conferencia de Elena Ojea 'Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?' Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) Instituto de Estudos Vigueses Universidade de Vigo Concello de Vigo Europe/Madrid public