Fórum IEV 2019: Conferencia de Fernando Martín
Data de celebración:
7 de febreiro de 2019De 19:30 a 20:30
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Instituto de Estudos Vigueses , Universidade de Vigo e Concello de VigoLugar
García Barbón nº 5
36201 Vigo
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
Presencial‘Aplicación das novas tecnoloxías ao medio ambiente mariño’
O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.
Este mes a conferencia corre a cargo de Fernando Martín, profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de atlanTTic, que ofrecerá o relatorio Aplicación das novas tecnoloxías ao medio ambiente mariño, unha intervención na que fará un repaso ás tecnoloxías de drones, electrónica de control, cámaras e procesado de imaxe (teledetección, visión artificial) aplicados a proxectos relacionados co medio ambiente mariño, con especial atención a Litterdrone e Ramica.