G-Night. Noite galega das persoas investigadoras (Pontevedra)
Data de celebración:
24 de setembro de 2021 ás 18:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Xardíns de Vincenti
36001 Pontevedra
España
Tipo de evento
Ao ar libre , Charlas e seminarios , Conferencias e FeiraEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Parque das Palmeiras e no bar La Gramola
Baixo o lema Conciencias creativas, hoxe celébrase en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras. A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos e bares, nun ambiente festivo.
No caso de Pontevedra, están previstas dúas actividades. Por unha banda, a partir das 18.00 horas, terá lugar no Parque das Palmeiras un paseo científico, no que investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal, amosarán ás persoas interesadas como realizar unha medición de árbores con tecnoloxía LiDAR. Por outra banda, a partir das 20.30 horas, desenvolverase en La Gramola a actividade Ciencia no bar, un coloquio, con reserva previa, coa investigadora da EE Forestal Anais Rivas e o profesor da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago.