G-Night en Ourense

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de setembro de 2022 ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio de Ferro

Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde.

Modalidade

Presencial

A programación desenvolverase no campus e no Café & Pop Torgal

Ourense súmase coa celebración de varias actividades á segunda edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico. A primeira delas, titulada Ser escriba na Antigüidade: xeroglífico, micénico e latín, consistirá en tres obradoiros sobre tres escrituras da Antigüidade, organizados a partir das 18.00 h no campus por persoal investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. A segunda das actividades, Ciencia no bar, desenvolverase a partir das 20.30 h no Café & Pop Torgal e consitirá en tres charlas distendidas sobre o traballo social en relación a temas como a familia, a discapacidade e dependencia e o ámbito dixital e serán ofrecidas por membros do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia da UVigo.

Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos, a G-Night 2022 despregará na segunda segunda edición, o vindeiro venres, 30 de setembro, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Máis información

Web do evento

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2022-09-30 18:00:00 2022-09-30 18:00:00 G-Night en Ourense A programación desenvolverase no campus e no Café & Pop Torgal Edificio de Ferro Universidade de Vigo Europe/Madrid public