G-Night en Pontevedra

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de setembro de 2022 ás 19:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

La Gramola

Praza de Méndez Nuñez, 1
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na cafetaría La Gramola

Pontevedra súmase á segunda edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) co evento Ciencia no bar. Con entrada libre ata completar capacidade, trátase dunha serie de charlas de divulgación científica, presentadas pola directora de área do Campus de Especialización Crea, Ana Belén Fernández Souto. Neste encontro participan o investigador do Grupo de Tecnoloxía Enerxética Juan Jesús Rico, cun relatorio titulado A combustión: moito máis que lume e gases, e José Carlos López Ardao, do centro de investigación atlanTTic, cun faladoiro titulado A intelixencia artificial que nos rodea

Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos, a G-Night 2022 despregará na segunda segunda edición, o vindeiro venres, 30 de setembro, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-09-30 19:30:00 2022-09-30 19:30:00 G-Night en Pontevedra Na cafetaría La Gramola La Gramola Universidade de Vigo Europe/Madrid public