Gala de entrega de Premios Youtubeiras 2021

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de novembro de 2021 ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Servizos de Normalización Lingüística de dez concellos e as tres universidades e a Deputación da Coruña

Lugar

Casa da Cultura de Bertamiráns

Praza Chavián, 1
15220 Bertamiráns
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Conducida polo grupo Tanxugueiras

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, darán a coñecer nesta gala as gañadoras e gañadores da súa quinta edición. Tras a paréntese do ano pasado, os galardóns recuperan neste 2021 a entrega presencial cunha gala que se celebra na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20.00 h e que estará conducida polo grupo Tanxugueiras. Un total de 35 propostas finalistas aspiran a estes galardóns que reparten 7.500 euros entre as persoas gañadoras das doce categorías. Os premios de canle, youtubeira/o e vídeo contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto (calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, didáctico e pioneiro) é de 500 euros. Esa mesma cifra recibirá quen leve o Premio do Público, que se escolle a través dunha votación na Rede. 

Máis información

Noticia no Duvi sobre os finalistas de Youtubeiras 2021

Anótao en:

Add to Calendar 2021-11-26 20:00:00 2021-11-26 20:00:00 Gala de entrega de Premios Youtubeiras 2021 Conducida polo grupo Tanxugueiras Casa da Cultura de Bertamiráns Servizos de Normalización Lingüística de dez concellos as tres universidades e a Deputación da Coruña Europe/Madrid public