I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación
Data de celebración:
4 de xullo de 2022 ás 10:00 6 de xullo de 2022De 10:00 a 13:30
Dirixido a
Estudantes e PDIOrganiza
BifegaLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialNo salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución
O I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura, Tradución e Interpretación desenvólvese os días 4, 5 e 6 de xullo en modalidade semipresencial no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e retransmitido pola canle directo 1 de UVigo TV.
O evento, organizado polo grupo de investigación BiFeGa-UVigo, reúne a maioría do seu persoal investigador permanente e en formación. A través de diferentes conferencias e comunicacións preséntanse as súas múltiples liñas de investigación, as teses de doutoramento en curso, as súas máis recentes publicacións, así como as redes e proxectos de investigación e innovación en vigor. Un dos obxectivos principais do coloquio é visibilizar o labor investigador do grupo, reforzar as sinerxias e a súa cohesión, amosando unha das súas caracterísiticas fundamentais: a interdisciplinaridade.
O coloquio está aberto ao público xeral, aínda que pode ser de especial interese para investigadoras/es en estudos literarios, culturais, tradución e investigación. A súa transversalidade metodolóxica pode resultar atractiva tamén para investigadoras/es doutros ámbitos pola súa conexión cos eidos histórico, filosófico, político e social, entre outros.