I Xornadas Creación e Pensamento. Representación de 'Cariño'
Data de celebración:
2 de decembro de 2021 ás 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Concellería de Promoción Económica e UniversidadesLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Teatro e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialA cargo de Grial Montes
Dirixidas a afondar no pensamento que hai detrás das creacións artísticas e de promover unha reflexión sobre diferentes problemáticas sociais, a Vicerreitoría do campus e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades promoven as I Xornadas Creación e Pensamento. Violencias á escena, un ciclo no que as representacións se combinan cun coloquio con diferentes axentes creadores das propias propostas.
O ciclo acolle nesta xornada a representación do monólogo Cariño, a cargo da actriz Grial Montes, quen posteriormente participa nun coloquio no que interveñen tamén a escritora Montse Fajardo, autora do relato no que se inspira a obra, e o director da peza, Diego Chamizo.