I Xornadas Interactivas das Persoas Maiores

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

26 de setembro
De 17:00 a 19:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Programa Universitario de Maiores e Concellería de Benestar Social

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Ao ar libre , Charlas e seminarios , Conferencias e Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos de CCSS e da Comunicación

No marco das I Xornadas Interactivas das Persoas Maiores de Pontevedra, que a Concellería de Benestar Social promove entre o 24 de setembro e o 1 de outubro, coa colaboración de diferentes institucións e colectivos, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unha actividade promovida polo Programa Universitario de Maiores (PUM).

O evento ábrese coa mesa O campus camiña cos maiores, na que profesorado de diferentes ámbitos de coñecemento achega a súa experiencia no PUM, seguida dunha presentación deste programa e do Banco de Alimentos. A xornada completarase cunha visita guiada ao arboreto do campus a cargo da profesora da Escola de Enxeñaría Forestal Eugenia López de Silanes.

Todas as actividades contan con acceso libre ata completar aforo, con preferencia para as persoas que se preinscriban a través dun formulario web.
 

Anótao en:

Add to Calendar 2022-09-26 17:00:00 2022-09-26 19:30:00 I Xornadas Interactivas das Persoas Maiores No salón de actos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Programa Universitario de Maiores Concellería de Benestar Social Europe/Madrid public