I Xornadas sobre Open Science
Data de celebración:
1 de xuñoDe 16:00 a 19:30 2 de xuño
De 9:30 a 14:30
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Oporto, 1
36210 Vigo
España
Tipo de evento
Congreso e XornadasEntrada:
Entre 50 e 200 euros É necesaria reserva.Modalidade
SemipresencialNa sede do Consorcio Zona Franca de Vigo
Os días 1 e 2 de xuño representantes de universidades de todo o Estado, dos ministerios de Universidades e de Ciencia e Innovación e da Comisión Europea danse cita en Vigo nas I Xornadas sobre Open Science, que organizan a UVigo e CRUE Universidade Españolas, e que inclúen charlas, mesas redondas e obradoiros prácticos nos que se abordarán diversos temas relacionados coa Open Science, como a xestión de datos, a publicación en acceso aberto e a avaliación da investigación, entre outros.
As xornadas arrancan o día 1 ás 16.00 horas cun acto de apertura coa presenza do ministro de Universidades, Joan Subirats, ademais do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e da presidenta da Comisión Ciencia Abierta de CRUE e reitora da Universidade de Alacante, Amparo Navarro, e do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Tras as intervencións institucionais terá lugar unha mesa redonda sobre as estratexias nacionais de ciencia aberta coa participación de Raquel Yotti, secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación; José Manuel Pingarrón, secretario xeral do Ministerio de Universidades e Pilar Paneque Salgado, directora da Aneca.
Enlace para retransmisión en directo do acto de inauguración: https://tv.uvigo.es/live/61702953b8f554672e20dfe2 O resto da programación é restrinxida para as persoas inscritas