II Congreso Internacional de Mediación Lectora

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

27 de marzo de 2019 ás 16:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Concello de Pontevedra e Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias e Congreso

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Inserido no XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O Pazo da Cultura acolle, no marco das actividades do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a segunda edición do Congreso Internacional de Mediación Lectora, que promoven o Concello de Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a rede de investigacíon Lijmi (Literaturas Infantiles del Marco Ibérico e Iberoamericano) e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Coordinado pola profesora Eulalia Agrelo, e orientado a profesorado en exercicio, futuros docentes, técnicos de bibliotecas e outra serie de actores vinculados á selección de materiais de lectura para a infancia e a mocidade, a segunda edición deste congreso terá como eixos a lusofonía e a revolución e reunirá en Pontevedra a persoas de renomeado prestixio dentro do ámbito da literatura infantil e xuvenil de Brasil, Portugal ou Angola, como o escritor e ilustrador Roger Melo, gañador do Premio Hans Cristian Andersen, ou a escritora, tradutora e ilustradora Marina Colasanti, responsable da conferencia de apertura deste foro, titulada A lectura como revolución.

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-27 16:00:00 2019-03-27 16:00:00 II Congreso Internacional de Mediación Lectora Inserido no XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil Pazo da Cultura de Pontevedra Concello de Pontevedra Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte Europe/Madrid public

Documentación

Programa do congreso131.07 KB