II Encuentro Online Universidad-Empresa de Sherpa do Mar
Data de celebración:
30 de setembro de 2021 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Sherpa do MarLugar
En liña
36310 Vigo
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
VirtualPesca, acuicultura e cambio climático
O proxecto Sherpa do Mar celebrará entre os días 28 e 30 de setembro e en formato virtual o II Encuentro Universidad-Empresa, que reúne destacados expertos de Galicia e o norte de Portugal en pesca, acuicultura e cambio climático, así como encuentros Business to Business (B2B) abertos a empresas, a comunidade investigadora e particulares.
Os días 28 e 30 están reservados para as xuntanzas B2B mentres o día 29 ten lugar a xornada principal do evento na que se abordan temas como a sostibilidade ambiental, enerxética e produtiva do sector, tendo como eixo central o emprendemento e a innovación. A vicerreitora da Universidade de Porto para a Planificación, Emprendemento e Transferencia de Coñecemento, Joana Resende, será a encargada de inaugurar o acto.