III Encontro-residencia de Creadores Emerxentes 'Interaccións artísticas en Galicia'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

28 de xuño de 2022 ás 11:30 1 de xullo de 2022 ás 14:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Real Academia Galega de Belas Artes , Universidade de Vigo , Universidade da Coruña , Universidade de Santiago de Compostela , Conservatorio Superior de Música de Vigo e Conservatorio Superior de Música da Coruña

Lugar

Pazo de Mariñán

Pazo de Mariñán
15165 Bergondo
España

Tipo de evento

Artes plásticas , Conferencias , Música e Xornadas

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

Coordinado pola Facultade de Belas Artes

Ao abeiro dun convenio de colaboración, as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes e os conservatorios superiores de música de Vigo e A Coruña promoven no Pazo de Mariñán, no municipio coruñés de Bergondo, a terceira edición do Encontro-residencia de Creadores Emerxentes Interaccións artísticas en Galicia. Entre o 28 de xuño e o 1 de xullo, estudantes vinculados a disciplinas como a arte, a arquitectura, a danza, a expresión corporal, a música ou a didáctica traballan conxuntamente no desenvolvemento de proxectos interdisciplinares no marco dunha residencia que abrangue tamén unha serie de conferencias e concertos.

Baixo o título de Teoría e práctica da luz: lóstrego, brétema, ártabro, a coordinación desta edición corre a cargo dos profesores da Facultade de Belas Artes Anne Heyvaert e Ignacio Barcia. Xunto ás actividades programadas para as e os participantes, inclúe tamén unha sesión de portas abertas, o xoves 31 ás 21.00 horas, dirixida a que o público poida coñecer as intervencións desenvolvidas polo alumnado.

Anótao en:

Add to Calendar 2022-06-28 11:30:00 2022-06-28 11:30:00 III Encontro-residencia de Creadores Emerxentes 'Interaccións artísticas en Galicia' Coordinado pola Facultade de Belas Artes Pazo de Mariñán Real Academia Galega de Belas Artes Universidade de Vigo Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Conservatorio Superior de Música de Vigo Conservatorio Superior de Música da Coruña Europe/Madrid public

Documentación

Programa do encontro205.44 KB