III Regata Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra
Data de celebración:
24 de abril ás 16:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Escuela Naval MilitarLugar
Plaza España, s/n
36920 Marín
España
Tipo de evento
DeporteEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialPoderá seguirse desde a dársena da ENM
Asisten: Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra, e Pedro Cardona, comandante director da Escuela Naval Militar
Estudantes da Universidade de Vigo e da Escuela Naval Militar (ENM) participan na III Regata Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra, unha competición que se levará a cabo en barcos de remo de nove metros de eslora, con tripulacións mixtas de 14 remeiros e remeiras, un patrón e un proeiro.
Programada para as 16.30 horas e con saída da dársena da ENM, trátase dunha regata cunha única manga composta por dous tramos de 500 iardas e unha ceavoga.
Tras a finalización da proba, a Escuela Naval Militar acollerá o acto de entrega de premios.
Os medios de comunicación que desexen asistir, deberán solicitar acreditación ata as 14.00 horas a través do correo electrónico enm_oficinadeprensa@fn.mde.es.