Inauguración da expo-feira 'A ciencia que vén'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

31 de maio ás 16:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría
36001 Pontevedra
España

Tipo de evento

Ao ar libre , Exposición e Feira

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na praza da Ferraría

Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Demetrio Gómez, concelleiro de Educación; Sandra Bastos, deputada provincial, e Ana Belén Fernández Souto, directora de área do Campus de Especialización Crea

A praza da Ferraría acolle a expo-feira A ciencia que vén, un evento de divulgación que busca achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo e contribuír ao fomento de vocacións científicas. Promovida co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello de Pontevedra, trátase dun evento aberto ao público infantil, xuvenil e familar, que se desenvolverá entre as 16.30 e as 19.30 horas.

Ao longo deste período, poderán visitarse os 14 postos nos que diferentes grupos de investigación dan a coñecer as súas liñas de traballo a través de obradoiros, xogos e actividades divulgativas. Ademais, no espazo central da feira levaranse a cabo as presentacións dos libros Quero ser investigadora 4 e Minidicionario de xustiza social e a charla A alimentación do futuro? O papel dos insectos na industria alimentaria. O evento completarase cun xogo de rol, con inscrición previa, sobre as consecuencias da crise climática, que terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Máis información

Nova no Duvi sobre a feira

Anótao en:

Add to Calendar 2024-05-31 16:30:00 2024-05-31 16:30:00 Inauguración da expo-feira 'A ciencia que vén' Na praza da Ferraría Praza da Ferraría Universidade de Vigo Europe/Madrid public