Inauguración da exposición 'Espazos Cóncavos e Convexos'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

18 de xaneiro ás 17:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Alumnado da Facultade de Belas Artes

Lugar

Espacio Matrioska

Rúa Estrada, 6
36004 Pontevedra
España

Tipo de evento

Exposición

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Promovida por alumnado de Belas Artes

O Espazo Matrioska acolle entre o 18 e o 21 de xaneiro a exposición Espazos Cóncavos e Convexos, promovida polas estudantes da Universidad Nacional de las Artes de Bos Aires Carla Gasparrini e Lorena Sosa no marco dun traballo académico que levan a cabo como alumnas de intercambio na Facultade de Belas Artes.

A exposición reúne as obras de once artistas novos, españois e latinoamericanos, que reflexionan nas súas obras sobre o cóncavo e convexo, sobre a comprensión dos distintos espazos habitables como algo que pode ser tanto real como ficticio.

A mostra poderá visitarse o luns 18 en horario de 17.00 a 19.30 horas, o martes e mércores de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas e o xoves de 10.00 a 13.30 horas. Debido á situación sanitaria, as visitas terán un aforo limitado de 15 persoas, sendo posible reservar quenda a través do correo electrónico espazoscc@gmail.com.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-01-18 17:00:00 2021-01-18 17:00:00 Inauguración da exposición 'Espazos Cóncavos e Convexos' Promovida por alumnado de Belas Artes Espacio Matrioska Alumnado da Facultade de Belas Artes Europe/Madrid public