Inauguración da exposición "Intérpretes pioneiras (1900-1935): Deitando pontes"

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

24 de outubro de 2019 ás 11:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Filoloxía e Tradución

rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Fotografía

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

Na sala de Estudo da Facultade de Filoloxía e Tradución

A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a inauguración da mostra Intérpretes pioneiras (1900-1953): Deitando pontes, que a través de reproducións de fotografías, de documentos e de películas, así como fontes históricas orixinais, achega as múltiples facetas que posúe a interpretación entre idiomas e nas que as mulleres foron protagonistas. A mostra está comisariada por Jesús Baigorri, da Universidad de Salamanca, que unha vez finalizada a inauguración ofrecerá no salón de actos unha conferencia inaugural. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, Baigorri, no marco do Coloquio Anual do Programa de Doutoramento en Tradución & Paratradución, impartirá un seminario titulado Introdución á investigación en historia da interpretación.

As actividades continuarán o día 28 ás 11.00 horas cun relatorio impartido por Anxo Fernández Ocampo titulado Historia da interpretación: imaxes de muller.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-10-24 11:00:00 2019-10-24 11:00:00 Inauguración da exposición "Intérpretes pioneiras (1900-1935): Deitando pontes" Na sala de Estudo da Facultade de Filoloxía e Tradución Facultade de Filoloxía e Tradución Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

'Intérpretes pioneiras (1900-1953) 2.32 MB