Inauguración da exposición e presentación do libro 'Nenas medrando'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

7 de maio de 2021 ás 18:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Exposición e Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

de balde

Na Vicerreitoría do campus

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Eulalia Agrelo, directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus, e Silvia García, comisaria da exposición

No marco do programa de actividades impulsado pola Vicerreitoría do campus con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, a Casa das Campás acolle a apertura da exposición Nenas medrando, na que a profesora da Facultade de Belas Artes Silvia García reúne unha serie de fotografías anónimas de nenas, de diferentes épocas e países, que forman parte do libro de poemas do mesmo título. A mostra poderá visitarse, na sala de exposicións da Vicerreitoría, ata o 28 de maio.

Trala inauguración da mostra, ás 19.00 horas García e o editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, presentarán esta publicación na sala de conferencias da Vicerreitoría. Por mor das limitacións de aforo ás que obriga a covid-19, o acto terá limitada a súa asistencia presencial, pero poderán seguirse de xeito virtual a través de Campus Remoto, a través do seguinte enlace, empregando o contrasinal Ky8fRT no acceso para estudantado.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-05-07 18:30:00 2021-05-07 18:30:00 Inauguración da exposición e presentación do libro 'Nenas medrando' Na Vicerreitoría do campus Vicerreitoría do campus de Pontevedra Vicerreitoría do campus de Pontevedra Europe/Madrid public

Documentación

Nenas medrando95.3 KB