I Congreso Internacional sobre Debates Televisados e Novas Formas de Comunicación Política

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

30 de setembro de 2019
De 9:30 a 19:30 1 de outubro de 2019
De 9:30 a 20:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Grupo de investigación CP2

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias e Congreso

Entrada:

Diferentes prezos

Modalidade

Presencial

No salón de graos de CCSS e da Comunicación

Preto de 150 expertos e profesionais participan o 30 de setembro e 1 de outubro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no I Congreso Internacional sobre Debates Electorais Televisados e Novas Formas de Comunicación Política, promovido polo grupo de investigación CP2 no marco do proxecto de investigación DebaTv, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Baixo o título de Os debates electorais a debate, o congreso busca xerar unha discusión sobre o modelo de debates electorais televisados, marcado nos últimos anos polos cambios que supuxeron a irrupción do bipartidismo e das segundas pantallas.

Tralo acto inaugural, o congreso abrirase coa conferencia Debates electorais nos Estados Unidos de América, a cargo do investigador da Northeastern University de Boston Alan Schroeder. 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-09-30 09:30:00 2019-09-30 19:30:00 I Congreso Internacional sobre Debates Televisados e Novas Formas de Comunicación Política No salón de graos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Grupo de investigación CP2 Europe/Madrid public