Inauguración do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

27 de marzo ás 16:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo e Igadi

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Conferencias e Congreso

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de graos de CCSS e da Comunicación

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; Manuel Correia da Silva, vice-cónsul de Portugal en Vigo; Xosé Lago, subdirector xeral de  Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia; Xosé Leal, deputado responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, e Daniel González Palau, director do Igadi

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle, os días 27 e 28 de marzo o III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, que baixo o título de Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais proporá unha análise do papel que a comunidade galega pode xogar no mundo lusófono. Organizado pola Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estudos Internacionais (Igadi), o foro reunirá a especialistas de Galicia, Portugal, Brasil, Cabo Verde e Timor Leste.

Tralo acto de apertura, a directora do Centro de Lingua Portuguesa do Instituto Camões en Madrid, Filipa Soares, impartirá a conferencia inaugural do congreso, titulada A lingua portuguesa: un valor global, que se verá sucedida por unha mesa de debate que contará coa participación dos deputados autonómicos César Fernández (PPdeG), Luís Villares (En Marea), Concepción Burgo (PSdeG-PSOE) e Olalla Rodil (BNG).

Anótao en:

Add to Calendar 2019-03-27 16:00:00 2019-03-27 16:00:00 Inauguración do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia No salón de graos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Universidade de Vigo Igadi Europe/Madrid public